Acompañamos a persoas neurodiversas e ás súas familias.
En Elefantes Rosas somos unha cooperativa especializada no apoio e acompañamento profesional para persoas e familias neurodiversas nos seus contextos naturais, sempre dende unha mirada respetuosa, individualizada e adaptada a cada momento.
Ou contacta directamente:
– Traballamos coas persoas e para as persoas –
Quen somos
Ola, somos Jéssica e Nerea
Ás veces, os proxectos máis importantes comezan moito antes de saber que algún día existirán.
Coñecémonos traballando nunha asociación para persoas con diversidade funcional. Dende o primeiro momento houbo unha conexión especial. Entendíamonos, compartíamos unha maneira moi semellante de mirar ás persoas e, sobre todo, unha mesma forma de entender o noso traballo.
Armámonos de valor, deixamos os nosos postos de traballo indefinidos e decidimos apostar por algo no que non sabíamos cómo sería, pero no que críamos profundamente.
Así naceu Elefantes Rosas.
Isto é para ti: axudámoste
Ás veces o que se precisa non é facer máis, senon contar co apoio idóneo para que a vida cotián sexa máis sinxela, autónoma e significativa.
PARA TI
Queres gañar autonomía na túa día a día
Tes as túas rutinas, os teus gustos, os teus espazos e tamén cousas que ás veces che resultan máis difíciles.
Podemos acompañarte a desenvolver as túas propias ferramentas, tomar decisións e facer máis por ti mesmo, sempre respectando o teu ritmo e o teu xeito de facer as cousas.
PARA A TÚA FAMILIA
Estás a soster demasiado e precisas apoio real
Moitas veces sostés citas, terapias, escola, traballo, xestións e o día a día. E non sempre é posible estar en todo.
Nós acompañamos á persoa alí onde transcorre a súa vida e axudamos a conectar os diferentes apoios, para que o aprendido teña sentido e continuidade no día a día.
PARA PROFESIONAIS
Traballas cunha persoa que precisa apoio na súa contorna natural
Hai aprendizaxes que precisan saír da consulta para converterse en ferramentas reais na vida cotiá.
Traballamos nos contextos naturais da persoa —na súa casa, na súa comunidade, nas súas rutinas e actividades—, en coordinación con outros profesionais e mantendo unha comunicación e un seguimento continuos.
Acompañamos onde a vida
ocorre de verdade
Realizamos intervención socioeducativa especializada en neurodiversidade.
Apoiamos e acompañamos a persoas nos seus contextos naturais ao longo de diferentes momentos e necesidades.
Porque se queremos cambios reais, hai que traballar onde a vida ocorre cada día.
Acompañamento en contextos naturais
Promovemos o benestar, a autonomía persoal, a participación na comunidade e a calidade de vida das persoas neurodiversas mediante un acompañamento profesional e individualizado nas súas rutinas.
Intervención socioeducativa
Traballamos desafíoos que xorden no día a día das persoas neurodiversas e das súas familias, cando precisan un cambio significativo e un apoio máis intensivo en las diferentes áreas do seu desenvolvemento persoal, social ou emocional.
Conciliación
Proporcionámoslles ás familias apoio profesional de confianza que lles permite conciliar a súa vida laboral, persoal e familiar, garantindo o benestar do seu familiar no horario que precisen.
Respiro familiar
Contribuímos ao benestar das familias e persoas coidadoras ofrecendo espazos de descanso e conciliación flexible, asegurando ao mesmo tempo que a persoa usuaria está acompañada de forma segura e significativa.
Servizos de ocio
Creamos actividades de lecer en grupo pensadas para persoas con discapacidade intelectual e/o do desenvolvemento que queren saír da rutina, descubrir novos lugares, compartir con outras persoas e desfrutar do seu tempo libre.
Cal é a opción máis axeitada para ti?
Contáctanos e valoraremos contigo as necesidades da persoa e da familia para propoñer o acompañamento que mellor se adapte á vosa realidade.
Un proceso profesional,
estruturado e humano
O noso enfoque baséase na promoción da autonomía persoal, a vida independente e a inclusión social nos contextos naturais das persoas.
FASE 1
Coñecémoste
Antes de acompañar, escoitamos. Antes de planificar, observamos.
1
Entrevista de acollida
Comezamos cun espazo para coñecernos, escoitar á persoa e á súa familia e comprender a súa realidade, intereses, necesidades e expectativas. Queremos saber de onde partimos e que é importante para vós.
2
Sesións de coñecemento
Coñecemos á persoa alí onde transcorre a súa vida. Observamos para comprender, non para xulgar.
3
Planificación
Coa información obtida durante este primeiro proceso, definimos os obxectivos e as estratexias de acompañamento que mellor se adaptan á persoa e á súa realidade.
FASE 2
Traballamos xuntas
Onde ocorre a vida, tamén ocorre a aprendizaxe.
4
Desenvolvemento do servizo
Poñemos en marcha o acompañamento acordado nos contextos naturais da persoa, adaptándonos aos seus ritmos, necesidades e circunstancias.
5
Seguimento
Observamos a evolución do proceso, rexistramos os avances e dificultades e adaptamos as estratexias se é necesario. Mantemos unha comunicación próxima coa familia e, cando corresponde, coordinámonos con outros profesionais.
6
Valoración
Revisamos o proceso de xeito periódico para saber que está a funcionar, que precisa cambiar e cales son os seguintes pasos. Porque acompañar tamén significa parar, mirar o camiño percorrido e decidir cara onde seguir.
Non o dicimos nós
Dino quen confiou no noso traballo
Xenial, moitas grazas, sobre todo polo voso traballo e dedicación. Oxalá houbese máis xente así.
Nai de C.
Grazas pola tarde de onte. Veu super relaxada e durmiu moi ben. Un acerto o de facer fotos na tenda de xoguetes. Hoxe volveremos á xoguetería para comprar un lapis de gato. Grazas ás fotos, púidome contar o que quería.
Nai de M.
Moitas grazas polo traballazo que fixestes. Veu encantado.
Nai de X.
Grazas a vós que levaba 10 anos sen poder volver ver Cartaxena, onde tan feliz fun e tanto botaba de menos, de verdade que significades tanto na nosa vida. Moitísimas grazas mozas!
Nai de D.
Moitas grazas! Falamos en casa que a impresión foi moi boa, era a primeira vez cas nenas e creo que xenial.
Nai de P.
Grazas! Encantoulle ver o voso whatsapp. Púxose a cantar e a ler o apoio cunha voz de felicidade que daba gusto oílo.
Nai de R.
Recoñéceste nalgunha destas situacións?
O primeiro paso é doado
Cóntanos a túa situación.
Nós encargámonos do resto.
Jéssica e Nerea len todas as mensaxes persoalmente e responden en menos de 24 horas.
- 623 600 315
- contacto@elefantesrosas.es
- O Porriño e arredores (Pontevedra)
- Luns - Venres · Se é urxente, chámanos!
- elefantesrosas_eduso