Intervención socioeducativa
Traballamos desafíos que xorden no día a día das persoas neurodiversas e das súas familias, cando precisan un cambio significativo e un apoio máis intensivo nas diferentes áreas do seu desenvolvemento persoal, social ou emocional.
QUE É?
Plan de traballo estruturado con seguimento continuo que converte o día a día en oportunidades de aprendizaxe e crecemento. Actúa como nexo entre as terapias e a vida cotiá para que os avances sexan reais, visibles e se manteñan no tempo.
PARA QUEN É?
Persoas neurodiversas (especialmente persoas con discapacidade intelectual e persoas con trastorno do espectro autista) que precisan un cambio significativo e un apoio máis intensivo nas diferentes áreas do seu desenvolvemento persoal, social ou emocional.
PARA QUE SERVE?
Desenvolvemento persoal
Habilidades sociais
Participación comunitaria
Transferencia de aprendizaxes
Organización da vida diaria
Lecer e tempo libre
QUE INCLÚE?
Establecemento de obxectivos e estratexias
Adaptación de rutinas diarias
Acompañamento familiar continuo
Coordinación activa con outros profesionais
Valoración e revisión do proceso
ADAPTAMOS A CONTORNA ÁS PERSOAS, NON AS PERSOAS Á CONTORNA
Axudámoste
O primeiro paso é doado
Cóntanos a túa situación.
Nós encargámonos do resto.
Jéssica e Nerea len todas as mensaxes persoalmente e responden en menos de 24 horas.
- 623 600 315
- contacto@elefantesrosas.es
- O Porriño e arredores (Pontevedra)
- Luns - Venres · Se é urxente, chámanos!
- elefantesrosas_eduso



