Quen somos?

Ola, somos Jéssica e Nerea

Ás veces, os proxectos máis importantes comezan moito antes de saber que algún día existirán.

Coñecémonos traballando nunha asociación para persoas con diversidade funcional. Desde o primeiro momento houbo unha conexión especial. Entendiámonos, compartiamos un xeito moi parecido de mirar as persoas e, sobre todo, unha mesma forma de entender o noso traballo.

Co tempo comezamos a compartir inquietudes, conversas, ideas e tamén esa sensación de que podíamos facer as cousas doutro xeito.

Gustábanos o que faciamos, pero sentíamos que había outra forma de acompañar. Unha forma máis próxima, máis respectuosa cos ritmos de cada persoa, máis conectada coa súa vida real.

E comezamos a imaxinar.

Durante moito tempo foron só conversas: “E se algún día…?”

Ata que ese “algún día” deixou de parecer tan afastado.

Armámonos de valor, deixamos os nosos postos de traballo indefinidos e decidimos apostar por algo no que non sabiamos como sería, pero no que criamos profundamente.

Así naceu Elefantes Rosas.

E por que Elefantes Rosas?

A historia comeza moitos anos antes de que nos coñecésemos.

Nunha clase de Filosofía de Nerea, o profesor chegou dicindo que ía demostrar a existencia de Deus. Foi formulando diferentes premisas que se ían aceptando unha a unha de forma independente. Ao final, o profesor fixo ver que, se se aceptaban todas aquelas premisas, estaba a aceptarse tamén a existencia de Deus. E entón engadiu algo que la Nerea se lle quedou gravado: “Se podemos aceptar a existencia de Deus, tamén podemos aceptar que existen os elefantes rosas”.

Desde aquel día decidiu crer nos elefantes rosas. Non porque vira ningún, senón precisamente porque representaban todo aquilo que aínda non podía ver, pero que podía imaxinar e no que podía crer. Os elefantes rosas acompañárona durante anos, ata que coñeceu a Jéssica e contoulle aquela historia.

Cando decidimos emprender e nos preguntábamos que nome nos definiría Jéssica respondeu moi segura: “Elefantes Rosas, non? Non hai dúbida.” E así foi.

Para nós, Elefantes Rosas significa crer.
Crer naquilo que aínda non se ve, pero que te impulsa cara adiante.
Crer nunha idea antes de saber exactamente como facela realidade.
Crer no noso proxecto cando só era unha conversación entre dúas amigas.
Crer nas familias que confían en nós.
E, sobre todo, crer nas enormes capacidades das persoas coas que traballamos, mesmo cando a sociedade aínda non sabe velas.

Porque moitas veces o que parece imposible simplemente necesita que alguén crea que pode suceder.
Nós decidimos crer. E hoxe seguimos facéndoo cada día.

Somos Jéssica e Nerea.
Somos Elefantes Rosas.

Premios recibidos

Premio ao impulso da actitude emprendedora e recoñecemento do autónomo na economía galega (Fundación Ronsel)
Recoñecemento Medrando Xuntas á innovación e creatividade
Proxecto gañador de aceleradora de economía social Es-factory Xunta Impulsa
Premio Fórum de financiamento  “Emprender con impacto, o teu futuro na economía social” 
Premio AJE Pontevedra iniciativa emprendedora ano 2026
Premio Escuela de emprendedoras Juana Millán categoría Juana Novel

AXUDÁMOSTE

Acompañamos a persoas neurodiversas e as súas familias

Colaboracións

Grazas por confiar en Elefantes Rosas