Respiro familiar

Contribuímos ao benestar das familias e persoas coidadoras ofrecendo espazos de descanso e conciliación flexible, asegurando ao mesmo tempo que a persoa usuaria está acompañada de forma segura e significativa.

QUE É?

Estancias puntuais de acompañamento intensivo en domicilio que lles permite ás familias e persoas coidadoras parar, descansar ou dispoñer de tempo para o que precisen (vacacións, viaxes de traballo, hospitalizacións, celebracións…) coa tranquilidade de que profesionais especializadas coñecen ao seu familiar, respectan os seus ritmos e garanten o seu benestar durante o tempo que sexa necesario.

PARA QUEN É?

Familias e persoas coidadoras principais que dedican gran parte da súa vida e do seu tempo ao coidado dun familiar que precisa acompañamento e supervisión constante, que nun momento puntual necesitan cobertura profesional de confianza.

PARA QUE SERVE?

Autonomía persoal

Benestar emocional

Benestar físico

Lecer

QUE INCLÚE?

Actividades da vida diaria e hixiene persoal

Benestar emocional e acompañamento

Lecer e actividades significativas

Acompañamos para que quen coida tamén poida coidarse

Axudámoste

O primeiro paso é doado

Cóntanos a túa situación.
Nós encargámonos do resto.

Jéssica e Nerea len todas as mensaxes persoalmente e responden en menos de 24 horas.

RESPONDERÉMOSCHE CANTO ANTES

OUTROS SERVIZOS